
PROMOTOR: Sinsal audio SL
DATA DE CELEBRACIÓN: 25, 26, 27 e 28 de xullo
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Illa de San Simón · Redondela [Pontevedra]
WEB: www.sins.al
Correo: festival@sinsalaudio.org
asistentes en 2018
Seguidores RRSS
edicións
Festival Sinsal SON Estrella Galicia
O Festival Sinsal SON Estrella Galicia celebrará do o proximo mes de xullo a súa novena edición na Illa de San Simón, Redondela, situada na espectacular Ría de Vigo, un enclave natural único que ten a consideración de ben de interese cultural. É un festival que transcorre durante o día ao que asisten 800 persoas por xornada, e que entre outras, conta con dúas particularidades que o fan “especial”: por un lado, que só se pode acceder nos barcos que son fretados pola organización, e que ten un cartel segredo que non é desvelado ata que o público desembarca na illa. O cartel do festival trata de ser un reflexo das diferentes propostas artísticas procedentes de calquera parte do mundo. Combinamos proposta actuais, emerxentes, con artistas con moitos anos de carreira, sen encasillarnos nun estilo en concreto, intentando ofrecer propostas de calidade, variadas, e que no caso de artistas internacionais, non teñan tocado nunca na comunidade galega, na procura de ofrecer cousas diferentes que desperten a curiosidade do público.



Novas sobre o festival
Sinsal Litoral SON Estrella Galicia: cinco días á beira do mar ao redor da música e do patrimonio natural e industrial
Os espazos adquiren novos significados cando son intervidos por accións culturais innovadoras. Sinsalaudio explora novos escenarios en 2020 co festival Sinsal Litoral SON Estrella Galicia, do mércores 22 ao domingo 26 de xullo. Música, si, pero tamén andainas polo...
Os protocolos publicados por redescena para evitar contaxios por COVID-19 tamén son válidos para os festivais de titularidade privada
Protocolos para previr contaxios por Covid-19
Non navegaremos a San Simón en 2020; remaremos no Litoral
Imaxinamos que a esta altura da crise da COVID19 non colle de sorpresa a ninguén, pero desde Sinsalaudio, promotora do Festival Sinsal SON Estrella Galicia en San Simón (Redondela) temos que comunicarvos que en 2020 non nos veremos na illa. A organización do festival,...
Festivais de Galicia non proporciona entradas a cambio de traballo.
En relación ás informacións aparecidas onte en diversos medios de comunicación, Festivais de Galicia quere aclarar: 1.- Que Festivais de Galicia non emprega voluntarios en sustitución de traballadores. Festivais xera máis de 1.000 empregos directos e indirectos. 2.-...
A promotora Sweet Nocturna únese á Festivais de Galicia co Super Bock Under Fest
O mes de abril comenza co crecemento da familia dos Festivais de Galicia. Sweet Nocturna, unha das promotoras de máis longa traxectoria en Galicia, solicitou a entrada na asociación co Super Bock Under Fest, que esta promotora organiza en Vigo. A promotora acredita...
A Asociación Festivais de Galicia presenta o primeiro manual de xestión de produción de festivais de España
Trátase dun documento áxil, operativo, de rápida consulta, e concibido para que calquera persoa que se enfronte á produción dun espectáculo teña coñecemento pleno de todas as tarefas implicadas. O manual poderá consultarse nos próximos días nesta web A Asociación...
Sinsal SON Estrella Galicia, do 25 ao 28 de xullo de 2019 na Illa de San Simón (Redondela) Abonos e entradas, á venda en abril
A de 2019 será a décima edición na Illa de San Simón (Redondela). O festival Sinsal SON Estrella Galicia presenta as súas datas: do 25 ao 28 de xulllo. Por terceiro ano consecutivo, 4 días de festival en vez de tres, nos que descubrir o cartel secreto musical que o...
Os Festivais de Galicia reciben 30 nominacións aos Premios Fest
Os festivais asociados a Festivais de Galicia acumulan, entre todos, 30 nominacións nas distintas categorías. Os Premios Fest, os únicos premios en España aos festivais profesionais, veñen de publicar as listas de nominados nas distintas categorías, nas que os...
Aberto o prazo de inscricións da V edición dos Premios Fest, único recoñecemento da nosa industria dedicado aos festivais musicais en España.
Un ano máis os Premios estarán enmarcados dentro do V Congreso de festivais do BIME PRO que terá lugar o vindeiro mércores 24 de outubro en Bilbao. Como novidade significativa ofrecerá novas categorías ás xa existentes en 2017 e propón, a favor duns premios máis...
Queres aprender a dirixir un festival de Música?: IESIDE-Afundación e Festivais de Galicia lanzan un programa de formación especializada en dirección de festivais
O Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa, pertencente a Afundación, e Festivais de Galicia lanzan un programa específicamente deseñado para formar cadros directivos de festivais de música. Tras meses de intenso traballo entre IESIDE e...
FESTIVAIS DE GALICIA FELICITA AO CONCELLO DE REDONDELA POLA INICIATIVA 0,0.
O domingo pasado celebrouse en Redondela o seu tradicional Entroido de Verán, unha cita festiva e singular que congrega a unhas 30.000 persoas na vila dos viadutos. Ante un evento tan multitudianario, o Concello redondelán lanzou a iniciativa “Redondela 0,0”, coa que...
COMUNICADO DE FESTIVAIS DE GALICIA SOBRE O ACCIDENTE OCORRIDO CON OCASIÓN DE O MARISQUIÑO 2018.
COMUNICADO DA ASOCIACIÓN FESTIVAIS DE GALICIA EN RELACIÓN CO ACCIDENTE OCORRIDO EN VIGO CON OCASIÓN DA CELEBRACIÓN DE “O MARISQUIÑO”. A Asociación Empresarial Festivais de Galicia, que reúne a 8 dos máis importantes festivais profesionais de Galicia, quere transmitir...
1ª Parada, Atlantic Fest 2018: programación completa.
En menos de dúas semanas, a illa de Arousa voltará acencherse de música. Iceage, Yung Beef, Christina Rosenvinge, Papaya, Fachendoso, Bifannah, Eva A Xabi B, Rayotaser, Alto Volta, Ghost Beast, Mushu e Maneida completan o cartel de Atlantic Fest 2018, que se celebra...
Sinsal SON Estrella Galicia implanta un sistema de xestión sostible
Un dos obxectivos fundamentais de Festivais de Galicia é a sustentabilidade, na que os festivais están a traballar para implementar melloras que permitan que os nosos eventos sexan respectuosos coa súa contorna. Hoxe, presentámosvos o sistema que están a implantar...
Hoteis de Vigo ofrecen descontos aos asistentes ao Festival Sinsal Son Estrella Galicia
O Festival Sinsal Son Estrella Galicia ten chegado a acordos con varios hoteis de Vigo para ofrecer descontos en aloxamento aos asistentes ao Festival. Os hoteis que forman parte desta promoción son o Hotel Junquera, AC Hotel Palacio Universal by Marriott e o Sercotel...
Sinsal nomeado a 8 categorías dos Iberian Festival Awards
Xa podes VOTAR na 2ª edición dos Iberian Festival Awards. A gala de entrega de premios será en Barcelona o 16 de marzo e xa están abertas as diferentes candidaturas e os festivais seleccionados para cada unha delas. Sinsal Son Estrella Galicia está nomeado...