Festival Sinsal SON Estrella Galicia

Data:  Do 23 ao 25 de xullo de 2021

Lugar: Illa de San Simón [Pontevedra]

Web: https://festival.sins.al/gl 

Unha viaxe en barco. Unha illaUn cartel secreto. Tres xornadas de música en directo. Sinsal SON Estrella Galicia é unha proposta coidada e exquisita que atende ás creacións de vangarda máis estimulantes do momento. Cada ano sorprende ao público con suxestivos directos na Illa de San Simón, escenario principal e cabeza de cartel da cita. 

+INFO

Promotor: Sinsal audio S.L.

Director: Julio Gómez

Contacto: festival@sinsalaudio.org

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia celebrará do o proximo mes de xullo a súa novena edición na Illa de San Simón, Redondela, situada na espectacular Ría de Vigo, un enclave natural único que ten a consideración de ben de interese cultural.

É un festival que transcorre durante o día ao que asisten 800 persoas por xornada, e que entre outras, conta con dúas particularidades que o fan “especial”: por un lado, que só se pode acceder nos barcos que son fretados pola organización, e que ten un cartel segredo que non é desvelado ata que o público desembarca na illa. O cartel do festival trata de ser un reflexo das diferentes propostas artísticas procedentes de calquera parte do mundo. Combinamos proposta actuais, emerxentes, con artistas con moitos anos de carreira, sen encasillarnos nun estilo en concreto, intentando ofrecer propostas de calidade, variadas, e que no caso de artistas internacionais, non teñan tocado nunca na comunidade galega, na procura de ofrecer cousas diferentes que desperten a curiosidade do público.

Falamos dun festival pensado para o goce, sen afogo, da música e do entorno, e onde hai cabida para todo os públicos. Un festival que é respectuoso coa historia da Illa, e que pon todas as medidas necesarias para facer un evento o mais sostible posible. Todos estes ingredientes convérteno nun dos eventos máis singulares entre os festivais europeos.

Novas sobre o festival

Non navegaremos a San Simón en 2020; remaremos no Litoral

Non navegaremos a San Simón en 2020; remaremos no Litoral

Imaxinamos que a esta altura da crise da COVID19 non colle de sorpresa a ninguén, pero desde Sinsalaudio, promotora do Festival Sinsal SON Estrella Galicia en San Simón (Redondela) temos que comunicarvos que en 2020 non nos veremos na illa. A organización do festival,...

Festivais de Galicia non proporciona entradas a cambio de traballo.

En relación ás informacións aparecidas onte en diversos medios de comunicación, Festivais de Galicia quere aclarar: 1.- Que Festivais de Galicia non emprega voluntarios en sustitución de traballadores. Festivais xera máis de 1.000 empregos directos e indirectos. 2.-...

Os Festivais de Galicia reciben 30 nominacións aos Premios Fest

Os Festivais de Galicia reciben 30 nominacións aos Premios Fest

Os festivais asociados a Festivais de Galicia acumulan, entre todos, 30 nominacións nas distintas categorías. Os Premios Fest, os únicos premios en España aos festivais profesionais, veñen de publicar as listas de nominados nas distintas categorías, nas que os...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X