SonRías Baixas

SonRías Baixas 2021

Data:   Do 3 ao 8 de agosto 2021

Lugar: Bueu [Pontevedra]

Web: www.sonriasbaixas.info

Boa música, gastronomía e praia. Con este cóctel infalible preséntase SonRías Baixas, festival que se desenvolve a primeira fin de semana de agosto en Bueu.

+INFO

Promotor: PlayPlan Cultural S.L.U.

Director e directora: Jordi Lauren e Berta Domínguez

Contacto: festival@sonriasbaixas.info

SonRías Baixas 2021 é un ciclo de concertos que se celebra do 3 ao 8 de agosto de en Bueu (Pontevedra). Kase.O, Sés, La M.O.D.A., La Pegatina, Travis Birds, Muerdo, TéCanela, ISEO & Dodosound, Sabela, Ciudad Jara, Tu Otra Bonita e SonDaRúa conforman o cartel de seis noites de música ao aire libre que encherán de enerxía e vitalidade as Rías Baixas!
Cartel SonRías Baixas 2021

Boa música, gastronomía e praia. Con este cóctel infalible preséntase SonRías Baixas, festival que se desenvolve a primeira fin de semana de agosto en Bueu  –municipio da península do Morrazo–, cun variado elenco de artistas e bandas galegas, nacionais e internacionais de calidade.

O SonRías ten lugar nunha contorna paradisíaca, con impresionantes praias –algunhas a apenas cen metros do recinto e a zona de acampada–; espectaculares espazos naturais coma cabo Udra, integrado na Rede Natura 2000; e A illa de Ons, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, a tiro de pedra en transporte marítimo.

A particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do SonRías Baixas, que xa é toda unha referencia do verán en Galicia e no resto do Estado.

Novas sobre o festival

O 18º SonRías Baixas, aprazado ao verán de 2021

O 18º SonRías Baixas, aprazado ao verán de 2021

O equipo do festival anuncia un cartel continuista e adiántalles por correo-e ás persoas que mercaran a súa entrada para este ano que o rapeiro Kase.O. tocará en Bueu os días 5, 6 e 7 de agosto de 2021  As entradas compradas valerán para o SonRías Baixas 2021, pero...

Festivais de Galicia non proporciona entradas a cambio de traballo.

En relación ás informacións aparecidas onte en diversos medios de comunicación, Festivais de Galicia quere aclarar: 1.- Que Festivais de Galicia non emprega voluntarios en sustitución de traballadores. Festivais xera máis de 1.000 empregos directos e indirectos. 2.-...

La Pegatina e La M.O.D.A súmanse ao cartel do SonRías Baixas 2019

La Pegatina e La M.O.D.A súmanse ao cartel do SonRías Baixas 2019

Muyayo Rif e Periferia Norte completan, xunto cos xa anunciados Zea Mays e Zoo, o segundo avance do irresistible cóctel festivo que o festival de Bueu prepara para os días 1, 2 e 3 de agosto As entradas están á venda na web sonriasbaixas.info, cun prezo especial...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X