
PROMOTOR: Play Plan Cultural, S.L.U.
DATA DE CELEBRACIÓN: 1, 2 e 3 de agosto 2019
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Bueu [Pontevedra]
Correo: festival@sonriasbaixas.info
asistentes en 2018
Seguidores RRSS
edicións
Sol, praia, música, gastronomía, humor e bo ambiente para celebralo.
Festival SonRías Baixas
Boa música, gastronomía e praia. Con este cóctel infalible preséntase SonRías Baixas, festival que se desenvolve a primeira fin de semana de agosto en Bueu –municipio da península do Morrazo–, cun variado elenco de artistas e bandas galegas, nacionais e internacionais de calidade.
O SonRías ten lugar nunha contorna paradisíaca, con impresionantes praias –algunhas a apenas cen metros do recinto e a zona de acampada–; espectaculares espazos naturais coma cabo Udra, integrado na Rede Natura 2000; e A illa de Ons, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, a tiro de pedra en transporte marítimo.
A particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do SonRías Baixas, que xa é toda unha referencia do verán en Galicia e no resto do Estado.

A edición de 2019
Boa música, gastronomía e praia. Esta é a infalible carta de presentación do SonRías Baixas, un festival que nos seus 17 anos de vida se ten convertido en toda unha referencia do verán en Galicia e no resto da península. A primeira fin de semana de agosto, a boa música, o audiovisual e a mellor gastronomía galega cítanse en Bueu, no corazón das Rías Baixas.
O SonRías Baixas é “o festival dos máis festivaleiros”. A música é a súa gran protagonista e, por iso, o festival ofrece unha programación fresca e orixinal que combina artistas consagrados do panorama nacional e internacional con formacións novísimas que a organización descobre cada ano para a súa parroquia “festivaleira”. A única consigna é facer vibrar ao público con concertos potentes, divertidos, combativos…. inolvidables.
E, para quen precise descansar, o recinto do SonRías Baixas atópase no medio da vila de Bueu, o que resulta moi cómodo e accesible. A zona de acampada ten duchas e aseos, servizo de restauración e alimentos de primeira necesidade e zona de carga de teléfonos móbiles e está a un paso a pé da praia urbana da localidade.
Pon Rumbo ao SonRías Baixas. Os días 1, 2 e 3 de agosto de 2019 tes unha cita en Bueu coa mellor experiencia festivaleira do verán. As entradas xa están á venda na súa web sonriasbaixas.info un número limitado de abonos para os tres días por 31 € máis gastos, coa acampada incluída.
Novas sobre o festival
O 18º SonRías Baixas, aprazado ao verán de 2021
O equipo do festival anuncia un cartel continuista e adiántalles por correo-e ás persoas que mercaran a súa entrada para este ano que o rapeiro Kase.O. tocará en Bueu os días 5, 6 e 7 de agosto de 2021 As entradas compradas valerán para o SonRías Baixas 2021, pero...
Festivais de Galicia non proporciona entradas a cambio de traballo.
En relación ás informacións aparecidas onte en diversos medios de comunicación, Festivais de Galicia quere aclarar: 1.- Que Festivais de Galicia non emprega voluntarios en sustitución de traballadores. Festivais xera máis de 1.000 empregos directos e indirectos. 2.-...
A promotora Sweet Nocturna únese á Festivais de Galicia co Super Bock Under Fest
O mes de abril comenza co crecemento da familia dos Festivais de Galicia. Sweet Nocturna, unha das promotoras de máis longa traxectoria en Galicia, solicitou a entrada na asociación co Super Bock Under Fest, que esta promotora organiza en Vigo. A promotora acredita...