SonRías Baixas
Boa música, gastronomía e praia. Con este cóctel infalible preséntase SonRías Baixas, festival que se desenvolve a primeira fin de semana de agosto en Bueu.
+INFO
Promotor: PlayPlan Cultural S.L.U.
Director e directora: Jordi Lauren e Berta Domínguez
Contacto: festival@sonriasbaixas.info
Boa música, gastronomía e praia. Con este cóctel infalible preséntase SonRías Baixas, festival que se desenvolve a primeira fin de semana de agosto en Bueu –municipio da península do Morrazo–, cun variado elenco de artistas e bandas galegas, nacionais e internacionais de calidade.
O SonRías ten lugar nunha contorna paradisíaca, con impresionantes praias –algunhas a apenas cen metros do recinto e a zona de acampada–; espectaculares espazos naturais coma cabo Udra, integrado na Rede Natura 2000; e A illa de Ons, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, a tiro de pedra en transporte marítimo.
A particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do SonRías Baixas, que xa é toda unha referencia do verán en Galicia e no resto do Estado.
Novas sobre o festival
Zea Mays e Zoo, primeiras confirmacións do SonRías Baixas 2019
O Festival volverá encher Bueu de festivaleiros e festivaleiras os días 1, 2 e 3 de agosto coa súa particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado Despois de esgotar en menos de 1h os primeiros 200 abonos, as entradas están á venda na...
Primeiras entradas á venda, cun prezo super reducido
O Festival SonRías Baixas, que celebrará a súa 17ª edición os días 1, 2 e 3 de agosto en Bueu, pon hoxe á venda na súa web as súas primeiras entradas, cun prezo super reducido de 21 euros máis gastos, só para as 200 persoas máis rápidas. Os abonos para as tres noites...
SonRías Baixas 2018 xerou un impacto de 1,14 millóns de euros no Morrazo
Presentación do informe de Fest Galicia FEST Galicia presentou hoxe os resultados do informe de avaliación do impacto económico e social do SonRías Baixas de Bueu, segundo o que o festival xerou un impacto de 1,14 millóns de euros na comarca do Morrazo. A...
Os Festivais de Galicia reciben 30 nominacións aos Premios Fest
Os festivais asociados a Festivais de Galicia acumulan, entre todos, 30 nominacións nas distintas categorías. Os Premios Fest, os únicos premios en España aos festivais profesionais, veñen de publicar as listas de nominados nas distintas categorías, nas que os...
Aberto o prazo de inscricións da V edición dos Premios Fest, único recoñecemento da nosa industria dedicado aos festivais musicais en España.
Un ano máis os Premios estarán enmarcados dentro do V Congreso de festivais do BIME PRO que terá lugar o vindeiro mércores 24 de outubro en Bilbao. Como novidade significativa ofrecerá novas categorías ás xa existentes en 2017 e propón, a favor duns premios máis...
Queres aprender a dirixir un festival de Música?: IESIDE-Afundación e Festivais de Galicia lanzan un programa de formación especializada en dirección de festivais
O Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa, pertencente a Afundación, e Festivais de Galicia lanzan un programa específicamente deseñado para formar cadros directivos de festivais de música. Tras meses de intenso traballo entre IESIDE e...