WOS Festival x SON Estrella Galicia
Encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal e clara vocación multidisciplinar.
+INFO
WOS Festival x SON Estrella Galicia celébrase cada mes de setembro en máis de dez localizacións excepcionais da cidade de Santiago de Compostela, todas elas a pouca distancia da catedral, nun barrio histórico declarado Patrimonio da Humanidade. Utilizamos dous teatros, dous museos, un mercado de abastos, unha galería de arte, dúas salas de concertos, unha igrexa do século XVIII, a terraza dun pazo e unha sala de cinema independente, entre outros lugares destinados a crear experiencias únicas para un público aventureiro. A experiencia do festival representa unha verdadeira ruta turística, arquitectónica e artística a través da cidade. A programación consta de máis de 50 actividades e o público é de aproximadamente 1.000 persoas por día. WOS foi seleccionado como o mellor festival Indoor de 2018 nos European Festival Awards.
Os artistas de edicións anteriores inclúen: Abul Mogard, Amnesia Scanner, Beak>, Bendik Giske, Bill Kouligas, Blanck Mass, Carla Dal Forno, Christina Vantzou, Deaf Center, Demdike Stare, Drew McDowall & Florence To, Elena Colombi b2b Olivia, Eli Keszler, Flowdan, Gábor Lázár, Gazelle Twin, Greg Fox, Group A, Hannah Epperson, Harrga, Helm & Tatsuya Fujimoto, Holly Herndon: Proto, JASSS, Julia Kent, Kali Malone, Kode9, Konx-Om-Pax, KXP, Lafawndah, Laurel Halo, Loscil, Lucrecia Dalt, Martin Kohlstedt, Michael Rother plays Neu!, Mary Lattimore, Nihiloxica, Niño de Elche, Not Waving, Oddisee, Oren Ambarchi, Paul Jebanasam & Tarik Barri, Plaid, Pye Corner Audio, Rafael Anton Irisarri, Raime, Renick Bell, Robert Henke: Lumière III, Roly Porter & MFO, Ron Morelli, Samuel Kerridge, Skee Mask, Silver Apples, Spectrum, Suso Saiz, The Bug feat. Miss Red, The Dwarfs of East Agouza, The Soft Moon, The KVB, Tin Man, Tomoko Sauvage, Tolouse Low Trax, Vels Trio, Vessel, Vladimir Ivkovic, Western Skies Motel, e máis…
Novas sobre o festival
A Asociación Festivais de Galicia presenta o primeiro manual de xestión de produción de festivais de España
Trátase dun documento áxil, operativo, de rápida consulta, e concibido para que calquera persoa que se enfronte á produción dun espectáculo teña coñecemento pleno de todas as tarefas implicadas. O manual poderá consultarse nos próximos días nesta web A Asociación...
WOS Festival x SON Estrella Galicia gana o premio ao mellor festival indoor nos European Festival Awards
O festival compostelán, que celebrou a súa quinta edición o pasado setembro, é o único español premiado entre todas as categorías do certame europeo A cita acumula, ademais, tamén por segundo ano consecutivo, outras cinco candidaturas nos Iberian Festival Awards,...
WOS Festival x SON Estrella Galicia, entre os 10 finalistas a mellor festival indoor de Europa por segundo ano consecutivo
O festival compostelano, que celebrou a súa quinta edición o pasado setembro, é de novo o único galego entre todas as categorías do certamen europeo A cita acumula, ademáis, tamén por segundo ano consecutivo, outras cinco candidaturas nos Iberian Festival Awards,...
Os Festivais de Galicia reciben 30 nominacións aos Premios Fest
Os festivais asociados a Festivais de Galicia acumulan, entre todos, 30 nominacións nas distintas categorías. Os Premios Fest, os únicos premios en España aos festivais profesionais, veñen de publicar as listas de nominados nas distintas categorías, nas que os...
Aberto o prazo de inscricións da V edición dos Premios Fest, único recoñecemento da nosa industria dedicado aos festivais musicais en España.
Un ano máis os Premios estarán enmarcados dentro do V Congreso de festivais do BIME PRO que terá lugar o vindeiro mércores 24 de outubro en Bilbao. Como novidade significativa ofrecerá novas categorías ás xa existentes en 2017 e propón, a favor duns premios máis...
Queres aprender a dirixir un festival de Música?: IESIDE-Afundación e Festivais de Galicia lanzan un programa de formación especializada en dirección de festivais
O Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa, pertencente a Afundación, e Festivais de Galicia lanzan un programa específicamente deseñado para formar cadros directivos de festivais de música. Tras meses de intenso traballo entre IESIDE e...