WOS Festival x SON Estrella Galicia
Encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal e clara vocación multidisciplinar.
+INFO
WOS Festival x SON Estrella Galicia celébrase cada mes de setembro en máis de dez localizacións excepcionais da cidade de Santiago de Compostela, todas elas a pouca distancia da catedral, nun barrio histórico declarado Patrimonio da Humanidade. Utilizamos dous teatros, dous museos, un mercado de abastos, unha galería de arte, dúas salas de concertos, unha igrexa do século XVIII, a terraza dun pazo e unha sala de cinema independente, entre outros lugares destinados a crear experiencias únicas para un público aventureiro. A experiencia do festival representa unha verdadeira ruta turística, arquitectónica e artística a través da cidade. A programación consta de máis de 50 actividades e o público é de aproximadamente 1.000 persoas por día. WOS foi seleccionado como o mellor festival Indoor de 2018 nos European Festival Awards.
Os artistas de edicións anteriores inclúen: Abul Mogard, Amnesia Scanner, Beak>, Bendik Giske, Bill Kouligas, Blanck Mass, Carla Dal Forno, Christina Vantzou, Deaf Center, Demdike Stare, Drew McDowall & Florence To, Elena Colombi b2b Olivia, Eli Keszler, Flowdan, Gábor Lázár, Gazelle Twin, Greg Fox, Group A, Hannah Epperson, Harrga, Helm & Tatsuya Fujimoto, Holly Herndon: Proto, JASSS, Julia Kent, Kali Malone, Kode9, Konx-Om-Pax, KXP, Lafawndah, Laurel Halo, Loscil, Lucrecia Dalt, Martin Kohlstedt, Michael Rother plays Neu!, Mary Lattimore, Nihiloxica, Niño de Elche, Not Waving, Oddisee, Oren Ambarchi, Paul Jebanasam & Tarik Barri, Plaid, Pye Corner Audio, Rafael Anton Irisarri, Raime, Renick Bell, Robert Henke: Lumière III, Roly Porter & MFO, Ron Morelli, Samuel Kerridge, Skee Mask, Silver Apples, Spectrum, Suso Saiz, The Bug feat. Miss Red, The Dwarfs of East Agouza, The Soft Moon, The KVB, Tin Man, Tomoko Sauvage, Tolouse Low Trax, Vels Trio, Vessel, Vladimir Ivkovic, Western Skies Motel, e máis…
Novas sobre o festival
FESTIVAIS DE GALICIA FELICITA AO CONCELLO DE REDONDELA POLA INICIATIVA 0,0.
O domingo pasado celebrouse en Redondela o seu tradicional Entroido de Verán, unha cita festiva e singular que congrega a unhas 30.000 persoas na vila dos viadutos. Ante un evento tan multitudianario, o Concello redondelán lanzou a iniciativa “Redondela 0,0”, coa que...
COMUNICADO DE FESTIVAIS DE GALICIA SOBRE O ACCIDENTE OCORRIDO CON OCASIÓN DE O MARISQUIÑO 2018.
COMUNICADO DA ASOCIACIÓN FESTIVAIS DE GALICIA EN RELACIÓN CO ACCIDENTE OCORRIDO EN VIGO CON OCASIÓN DA CELEBRACIÓN DE “O MARISQUIÑO”. A Asociación Empresarial Festivais de Galicia, que reúne a 8 dos máis importantes festivais profesionais de Galicia, quere transmitir...
1ª Parada, Atlantic Fest 2018: programación completa.
En menos de dúas semanas, a illa de Arousa voltará acencherse de música. Iceage, Yung Beef, Christina Rosenvinge, Papaya, Fachendoso, Bifannah, Eva A Xabi B, Rayotaser, Alto Volta, Ghost Beast, Mushu e Maneida completan o cartel de Atlantic Fest 2018, que se celebra...
WOS Festival x Son Estrella Galicia anuncia os primeiros nomes da edición 2018
Os primeiros nomes do cartel da quinta edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia trazan con precisión as liñas que debuxan a súa proposta, enmarcada pola súa vontade de presentar en Santiago de Compostela e en Galicia propostas exploratorias ao redor da música...
WOS Festival x SON Estrella Galicia presenta datas e abonos a prezo especial
WOS anuncia as datas da súa quinta edición, que de novo colmará durante cinco días Santiago de Compostela de propostas en torno ao risco e a exploración, a arte contemporánea e o diálogo entre disciplinas. A cita anual da produtora compostelá WORK ON SUNDAY terá lugar...