Tres días nos que reconectar e volver sentir. A quinta edición de 17° Ribeira Sacra levou a cultura segura por bandeira, con aforos reducidos pero cun público asistente que se deixou atrapar pola contorna.
Con emprazamentos únicos en diversos recunchos da Ribeira Sacra, conquistando padais coa gastronomía e a enoloxía local, e cunha banda sonora de excepción, o festival conságrase como inigualable. Unha proposta cultural diferente, nun espazo seguro, no que se coida cada detalle
A contorna local é o segredo de 17° Ribeira Sacra Festival. Unha cita na que sorrían os ollos e abrazaban as miradas. Na que, a pesar das distancias requiridas polas coidadas medidas de seguridade sanitarias necesarias, o público volveu sentir. A conectar, coa música, co viño, coa gastronomía; todo enmarcado nunha terra candidata a Patrimonio da Humanidade.
Unha experiencia que puideron gozar aqueles que lograron facerse cun dos abonos necesarios -esgotados desde o pasado mes de xaneiro- para deleitarse cos sons de The Gift, Depedro, Silvana Estrada, The Excitements, Budiño & Novoa, Alberto & García, Bronquio, Ian Kay, Terrier, dani, Sofía Comas, Auto Sacramental, Ale e Rapariga dj.
Tres días nos que, puidemos gozar, grazas ao patrocinio de Cervezas Alhambra, da proposta gastronómica da Chef con Estrela Michelin Lucía Freitas. Os asistentes degustaron produtos próximos e de calidade mentres descubrían o perfecto equilibrio entre cociña moderna e tradicional. Patacas “rabudas”, hamburguesa de Galo Celta, bonito de Burela, cereixas e tomate… A oferta gastronómica do festival completouse ademais con dous Showcooking Cervezas Alhambra da man de chefs galegos de referencia como Carlos J. González e Juan Crujeiras. Todo maridado cos espectaculares viños da rexión, que puideron gozarse en diversas catas enmarcadas dentro do festival.
Con todo iso, e cunha axenda de actividades complementarias irrechazable, a quinta edición de 17º Ribeira Sacra reforza notoriamente a imaxe do territorio. Ademais da aposta habitual do festival polo modelo sostible de economía circular, que impacta notablemente na contorna local -nos aspectos económico, social, e ambiental-, a organización implementou un protocolo de seguridade impecable. Un equipo de máis dun centenar de profesionais velaron polo cumprimento de todas as medidas, e o público respondeu cun comportamento exemplar. Con traballo, a cultura é segura. E así quedou demostrado por segundo ano consecutivo.
17° Ribeira Sacra Festival e I-Radia Crea agradecen ao patrocinador oficial, Cervezas Alhambra. Ás institucións, Xunta de Galicia, Xacobeo 21·22, Fest Galicia, Deputación de Lugo, Galicia Calidade, Concello de Sober, Concello de Chantada e Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Tamén á adega Regina Viarum, Gadis, Via Romana Adegas e Viñedos, Petroni St., Treinaycinco milímetros, Eurostars Pazo de Sober, Labauh… E como non aos artistas, traballadores, público e medios de comunicación a confianza depositada no festival este ano.