En menos de dúas semanas, a illa de Arousa voltará acencherse de música. Iceage, Yung Beef, Christina Rosenvinge, Papaya, Fachendoso, Bifannah, Eva A Xabi B, Rayotaser, Alto Volta, Ghost Beast, Mushu e Maneida completan o cartel de Atlantic Fest 2018, que se celebra os días 20, 21 e 22 de xullo na Illa de Arousa.

Iceage
Sen ningunha dúbida ‘Beyondless’ colocarase entre os mellores discos que trae este 2018, pero antes diso poderemos ver o seu impecable directo, no escenario Son Estrela Galicia de Atlantic Fest este 21 de xullo.
‘Beyondless’ irradia alegría. É un álbum que presenta a Iceage finalmente póndose ao corrente coas súas ambicións, mantendo o carácter dos seus inicios. Ao longo da súa carreira, o encanto da banda xace en ir por diante deles mesmos, cunha confianza cega; en ‘Beyondless’, van cunha certeza aplacadora sen perder o encanto. O disco está repleto de cancións incribles desde o primeiro single ‘Catch i’, á brillante ‘Pain Killer’, para a que a banda danesa convidou a Sky Ferreira (a primeira voz convidada nunha canción de Iceage).

Yung Beef
O heroe da música urbana nacional Yung Beef, compoñente dos pioneiros PXXR GVNG, Los Santos, A Mafia do Amor e alias de Fernando Gálvez, coñecido tamén como Fernandito KitKat, soubo expresar os seus sentimentos ata facelos a voz dunha xeración.

Máis preto do punk que do hip hop, Yung Beef crea unha linguaxe completamente nova co que xa sacudiu a escena hip-hop underground a nivel nacional e que recibiu miles de aplausos de toda a escena, e moitos eloxios de grandes figuras internacionais. O rei da rúa, Yung Beef, é un símbolo da filosofía de vida que implica a música trap. O máis puro estilo underground. Yung Beef subirase ao escenario Son Estrella Galicia o 21 de xullo e nese mesmo escenario e pechando xa a súa programación actuarán tamén Presumido. O proxecto de Synth Pop 2.0 formado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte, cuxa proposta é chegar a eses territorios musicais nos que o pop en castelán na súa vertente máis electrónica xamais se meteu. Colleron o estilo dos clásicos do xénero como Depeche Mode ou Kraftwerk e empapárono coas referencias máis contemporáneas como M83, Moderat, Daft Punk? e os artistas electrónicos máis irreverentes como Bjork, Apparat, Aphex Twin, Telefon TelAviv.

Christina Rosenvinge, A Prata, Bifannah, Eva A Xabi B, Alto Volta e Mushu formarán parte do noso novo escenario Fest Galicia.
Atlantic Fest vén cargado de novidades. Teremos un novo escenario chamado Fest Galicia, patrocinado pola Xunta de Galicia baixo esta marca á que acabamos de adherirnos, unha nova insignia común que promove o territorio galego como destino musical aplicando criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade social. Por este escenario pasarán bandas nas que algún ou a totalidade dos seus membros sexan mulleres. O festival comprométese así a participar no labor de inclusión de bandas femininas nos carteis dos festivais. Iniciativa que ademais, foi apoiada por MIM (Mulleres na Industria da Música).
O escenario estará situado na zona gastro e terá actividade o día 21 de xullo. Por el pasarán artistas como Christina Rosenvinge presentando o seu máis recente traballo ‘Un Hombre Rubio’, o seu décimo disco en solitario, unha fuxida cara a adiante, unha escapada, un axuste de contas con todo aquilo que lle atormenta, pero ante todo coa memoria do seu pai, cuxo espectro aparece e desaparece ao longo de nove cancións que redondean un disco de moita altura. Completan o cartel La Plata, que cambia de día de actuación (foran xa anunciados para actuar en D’Plazas Jägermeister). Os galegos, residentes entre Madrid e Londres, Bifannah, a banda pontevedresa Mushu, formado por novos estudantes da escola Rocklab. Alto Volta, gañadores do concurso Sons Mans e Eva A e Xabi B, nome co que exercen como Dj’s Eva Amaral e Xabi Branco con sesións nas que mesturan sen complexos temas de calquera década e procedencia sempre que sirvan para axitar a pista.

Los canarios Papaya, autores dunha das mellores cancións nacionais de 2017 ‘Ay, Mujer’ completan o cartel do escenario D’Plazas Jägermeister o venres 20 de xullo, sumándose aos xa confirmados D’Valentina e Jay.

Atlantic Fest chega a un acordo de colaboración son Estudos Mans para apoiar o talento emerxente. Así terán desde esta edición un escenario D’Plazas Estudos Mans, para o que xa confirmaramos a Soledad Vélez, cuxa programación completamos agora con dous grupos, a nova revelación galega Ghost Beast e os coruñeses Maneida, que formaron parte da plataforma de bandas emerxentes Sons Mans .

E acompañando a Esteban e Manuel no escenario Paco & Lola (Praza de Abastos) o domingo 22 de xullo estarán Rayotaser. Cunha escuridade post-tropicalista e unha intensa choiva de sintetizadores, o seu é unha proposta que moverá moitos pés.

Cartel Completo: Kaiser Chiefs, The Vaccines, Iván Ferreiro, La Casa Azul, Rodrigo Amarante, Iceage, Yung Beef, María Arnal i Marcel Bagés, Christina Rosenvinge, Los Nastys, Soledad Vélez, La Plata, Esteban & Manuel, Papaya, Presumido, Bifannah, Caxade, D’Valentina, Eva A Xabi B, Jay, Rayotaser, Alto Volta, Ghost Beast, Mushu e Maneida.

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X