Os diferentes escenarios do festival acollerán showcookings realizados por chefs Alhambra como Carlos J. González, do Merenzao Restaurante-Vinoteca (Sober) e Juan Crujeiras de Bido (A Coruña)
Lucía Freitas, de A Tafona (Santiago de Compostela), será a responsable de deseñar a gastronomía dos escenarios de Regina Viarum e Eurostars Pazo de Sober
O pistoletazo de saída ao festival terá lugar o venres 16 co Concerto Sorpresa Cervezas Alhambra, onde os asistentes non descubrirán o nome do artista ata que no catamarán de Ponte do Sil comece a navegación
17° Ribeira Sacra Festival continúa posicionándose como un dos eventos musicais de referencia do panorama galego e, na súa 5ª edición, o festival aposta por impulsar a súa oferta gastronómica grazas ao patrocinio de Cervezas Alhambra, que considera que o principal ingrediente á hora de abordar a gastronomía é o tempo.
Ao encanto dos seus escenarios, situados en espectaculares enclaves naturais, súmase agora un novo aliciente, xa que os asistentes poderán gozar de showcookings e maridaxes culinarias deseñadas por chefs galegos de referencia. En concreto, o venres 16, Carlos J. González, chef do Merenzao Restaurante-Vinoteca (Sober) e do Monfortino Gastro Piano Bar (Vigo), será o encargado de poñer todo o sabor na Reitoral de Gundivós, onde tamén haberá unha actuación musical.
O sábado 17 pola tarde, o Escenario Momentos Alhambra, situado no Miradoiro de Santiorxo, acollerá un showcooking da man de Juan Crujeiras, chef do restaurante Bido (A Coruña), quen deseñará tapas maridadas con algunhas das referencias de Cervezas Alhambra que se ofrecerán con cada consumición.
A experiencia gastronómica do festival complétase coa presenza de Lucía Freitas, de A Tafona (Santiago de Compostela), que será a responsable de deseñar as degustacións dos escenarios situados en Regina Viarum e Eurostars Pazo de Sober.
Concerto Sorpresa Cervexas Alhambra no Catamarán de Doade
O pistoletazo de saída ao festival terá lugar o venres 16 coa celebración do Concerto Sorpresa Cervezas Alhambra a bordo do Catamarán de Ponte do Sil, onde os asistentes non descubrirán o nome do artista ata que a embarcación comece a navegar polo río Sil. As entradas para asistir a este evento especial e de aforo reducido, de acordo coa normativa e con todas medidas de seguridade preestablecidas, poderanse conseguir mediante participación nun sorteo que se publicará proximamente a través das redes sociais do festival.