Eliminación do 100%  de plásticos dun só uso en 2022, redución dun 30% de residuos en 2023 e 50% de enerxía renovable en 2024, algúns dos compromisos

Vinte e sete festivais dan un paso á fronte e converterse en referente no desenvolvemento dos eventos sostibles, nun exercicio de responsabilidade co planeta, coa contorna e co seu público

Presentación do Pacto Cultura Sustentable. Xoves 8 xullo, Santiago de Compostela

Os oito festivais que forman parte da Asociación Festivais da Música, Festival de la Luz, Sinsal SON Estrella Galicia, SonRías Baixas, 17º Ribeira Sacra, Revenidas, Underfest SON Estrella Galicia, Vive Nigrán e WOS festival x SON Estrella Galicia, xunto cos dezaoito festivais de cinema que forman parte da coordenadora Proxecta e o Marisquiño de Vigo, comprométense coa axenda 2030 e coa súa visión integradora para a consecución dun obxectivo común: transformar o noso planeta a través da acción

O pacto suscrito recolle os obxectivos para o trienio 2021-2024; entre eles, a eliminación dos plásticos dun só uso, a redución nun tercio do volume xeral de residuos, a compensación da pegada CO2 ou a transición cara as enerxías renovables na produción dos eventos. Ademais do pacto medioambiental, compromisos na dimensión social dos eventos coa igualdade de xénero, coa economía local e coa accesibilidade. “A Axenda 2030 é unha chamada á acción e a cambiar o planeta e a cultura xoga un papel fundamental. Este é un pacto a longo prazo. Elaboramos unha política común, unha visión marco: onde nos gustaría vernos no horizonte do 2030 abranguendo todas as áreas de actuación. Queremos traballar na igualdade, que os eventos sexan accesibles, contribuir ao desenvolvemento do territorio, colaborar coas empresas locais e os proxectos artísticos próximos, diminuir os impactos no medio reducindo residuos e, por suposto, compartir recursos entre nós, que é fundamental”, explica María Baqueiro, consultora de sustentabilidade.

Xoan Quintáns, en representación dos festivais de música, destacou os eventos “como espazos privilexiados para o cambio social, pola moita xente que convocamos moita xente. O noso público reclama cada vez máis que teñamos valores. Impulsamos igualdade, o uso do transporte colectivo e sabemos que temos que mellorar a accesibilidade e crear sinerxias con universidades, empresas, cos nosos patrocinadores. En Galicia os festivais de música levamos anos, non destacamos por ser masificados e gustaríanos que se tivera en conta a singularidade dos nosos proxectos”.

Desde a Asociación de Festivais destacamos a vocación expansiva deste pacto, convidando a todos os eventos culturais realizados en Galicia a suscribilo e á Administración a apoialo, mentres lembramos que tras a acción cultural atópanse moitas empresas e axentes privados, cuxo liderado é imprescindible no cambio sustentable global. Alén diso, a recuperación e promoción dunha actividade económica tan relevante como o turismo require dun pacto cultural pola sustentabilidade, máis se cabe no contexto da celebración xacobea en Galicia. Continúase así a senda dos avances que, en materia de sustentabilidade e cultura, tiveron lugar no contexto español como o impulso da Red Española para el Desarrollo Sostenible (REDS) [2019] ao sector cultural e a publicación do “Plan de Acción para la adaptación de los Festivales de Música a la Agenda 2030” por parte da Asociación de Festivales de Música (FMA) [2020]. Para a Asociación de Festivais de Galicia a sinatura dunha política de sustentabilidade común reforza dous conceptos:  a necesidade de pensar en global e actuar dende o local e a importancia das alianzas para lograr os obxectivos.

Consulta o pacto aquí

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X