• Trátase dun documento áxil, operativo, de rápida consulta, e concibido para que calquera persoa que se enfronte á produción dun espectáculo teña coñecemento pleno de todas as tarefas implicadas.
  • O manual poderá consultarse nos próximos días nesta web

A Asociación Festivais de Galicia presentou esta mañá na Galería Sargadelos de Vigo o seu Manual de Xestión para Empresas de Produción de Festivais de Música. Festivais de Calidade, Seguros e Sustentables, unha iniciativa da Asociación Festivais de Galicia pioneira en España. A presentación contou coa intervención deMaría Baqueiro, coordinadora do manual; Luis Campos, presidente da Asociación Festivais de Galicia e Xabier Alonso, xerente da Asociación Festivais de Galicia. 

O proxecto, creado pola Asociación Festivais de Galicia e auspiciado polo financiamento da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), pretende establecer o primeiro protocolo ou manual unificado de procesos estandarizados de produción de espectáculos públicos, para establecer as medidas de calidade, seguridade e sustentabilidade que hai que cumprir para a súa realización. Deste xeito, abórdase por primeira vez en España, a estandarización completa dos procesos de produción de festivais culturais, máis concretamente dos festivais de música. 

En palabras de Luis Campos, este manual nace tamén dunha necesidade xa que “á hora de traballar os festivais sempre atopamos unha falta de documentación que nos puidera servir como guía, por iso, dende a Asociación traballamos arredor do proxecto”. A raíz disto, a Asociación elaborou este documento áxil e operativo, de rápida consulta, e concibido para que

calquera persoa que se enfronte á produción dun espectáculo teña coñecemento pleno de todas as tarefas implicadas.

O manual non pretende mostrar unha metodoloxía particular nin crear uniformidade nos sistemas de xestión das empresas pero, tal e como destacou Xabier Alonso, si que será un documento” vivo” e poderá ir modificándose e actualizándose ao longo do tempo e incorporando novos procesos de xestión, boas prácticas etc. Para Alonso, ademais, esta guía trazará liñas de actuación comúns nos eventos tendo como premisa que  “a seguridade, a sustentabilidade e a calidade debe de ser parte da estrutura da experiencia que lle ofrecemos ao usuario nos festivais”.

María Baqueiro, pola súa banda, quixo destacar que “aínda que cada festival ten as súas particularidades, todos teñen que seguir pasos comúns para poñelos en marcha”. A guía está estruturada en tres grandes bloques: “festivais de calidade”, “festivais seguros” e “festivais sustentables”. No primeiro deles, ofrécese unha visión global dos procesos que hai que ter en conta para a produción dun festivale establece os principios e as directrices que nos van permitir adoptar e implantar de maneira efectiva un modelo de xestión que garanta a calidade do evento. O segundo, está centrado na organización preventivana produción cultural como garante da seguridade no evento e, no terceiro, afróntanse desafíos aos que se enfronta tamén a sociedade actual: igualdade da muller, cambio climático, educación, xestión dos recursos… Para os festivais de música, os proxectos artísticos, e en xeral calquera evento cultural estes desafíos preséntanse como unha oportunidade, xa que son espazos perfectos para experimentar solucións innovadoras e creativas, para as novas tecnoloxías e para testar e divulgar estas na sociedade e como focos para impulsar e provocar a concienciación, a reflexión e o debate sobre a sustentabilidade á vez que poden influír positivamente nas actitudes e o comportamento das audiencias. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X