Xa se poden adquirir a partir de HOXE as entradas para o primeiro concerto da programación do Festival, no que a ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO en colaboración co European Film Philarmonic Institute, interpretará as composicións máis emblemáticas do mestre ENNIO MORRICONE

• O concerto celebrarase o venres 25 de setembro no Teatro Afundación de Vigo.
• As entradas pódense adquirir a través de Ataquilla.com a partir de 15 € + gastos.
• O Festival, incluído dentro da marca FESTGALICIA, conta co apoio da Xunta de Galicia, Xacobeo 21, AGADIC, Estrella Galicia e a colaboración da Fundación SGAE.
• O resto do cartel do Festival anunciarase a vindeira semana.

Como avance deesta versión reducida de 2020, e para poñer en valor o noso compromiso en apoiar a cultura local, UNDERFEST SON Estrella Galicia presenta un proxecto traballado con moito cariño xunto á ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO, na que máis de 50 músicos homenaxearán ao mestre ENNIO MORRICONE cunha selección das súas composicións máis emblemáticas. Un percorrido pola obra do lendario compositor italiano no que se incluirán os temas principais de: Cinema Paradiso, O bo, o Feo e o Malo, A Misión, Os Intocables, etc.

Debido ás circunstancias actuais, a deste ano SERÁ UNHA EDICIÓN EN FORMATO REDUCIDO E CON AFORO LIMITADO, para garantir ao máximo todos os protocolos sanitarios e de seguridade.

INFO FESTIVAL UNDERFEST

• Logo das súas 2 exitosas edicións en 2018 e 2019, con abonos esgotados e público proveniente de 22 cidades de fóra de Galicia, o UNDERFEST SON Estrella Galicia volverá achegar a Vigo propostas musicais de calidade para diferentes tipos de público.
– Na súa curta traxectoria, o festival vigués programou por 1ª vez en Galicia artistas internacionais de referencia como Slowdive, Benjamin Clementine, Peaches, Villagers, Helado Negro, etc… que xunto a nomes nacionais de primeiro nivel e o enorme talento local, conformaron os 62 artistas que pasaron polo festival en tan só 2 edicións, enchendo os 21 recintos da cidade de Vigo que participaron na programación.
Seleccionado dentro do conxunto de festivais estratéxicos que compoñen FESTGALICIA, UNDERFEST é o único festival celebrado en Vigo que forma parte deste grupo que aglutina aos principais festivais que se celebran na nosa comunidade. Grazas ao apoio da Xunta de Galicia, Xacobeo 21, AGADIC, Estrella Galicia e a colaboración da Fundación SGAE, UNDERFEST mantén a súa aposta por asentar en Vigo o Festival que cremos que a cidade merece. Nun momento tan difícil como o actual agradecemos máis que nunca o esforzo dod nosos patrocinadores en axudarnos a sacar adiante esta 3ª edición.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X