17º Ribeira Sacra arrinca a súa quinta edición apostando por unha experiencia completa. Música, gastronomía, viño e actividades patrimoniais enmarcadas nun territorio excepcional

The  Gift, Depedro, Silvana Estrada, The Excitements, Budiño & Novoa, Alberto & García, Bronquio, Ian Kay, Terrier, dani, SofíaComas, Auto Sacramental e  Ale entre outros, conforman o cartel musical con Ángel Carmona como convidado especial

Lucía Freitas, do restaurante con Estrela Michelin A Tafona (Santiago de Compostela), é a encargada de deseñar a proposta gastronómica do festival. 

Debido ás restricións de seguridade sanitaria vixentes que afectan os aforos en eventos, este ano xa non se poñerán á venda máis abonos.

O pistoletazo de saída da quinta edición de 17°Ribeira Sacra Festival tivo lugar esta mañá na presentación do festival no restaurante con Estrela Michelin A Tafona (Santiago de Compostela), fogar da encargada de preparar toda a proposta gastronómica este ano, e á que asistiron Jacobo Sutil, director de Agadic, Carlos A. Montilla, director do festival, Lucía Freitas, chef responsable de A Tafona e representantes dos Concellos e diferentes marcas.

Pero non será ata a tarde do venres a bordo do catamarán Ponte do Sil cando o público descubrirá ao artista do Concerto Sorpresa Cervezas Alhambra. Desta maneira comezará 17°Ribeira Sacra Festival 2021, cunha experiencia irrepetible, á altura de todo o que vivirán os asistentes os próximos 16, 17 e 18 de xullo nun territorio máxico como é a Ribeira Sacra

Porque o que completa esta proposta cultural e culinaria é, sobre todo, o espectacular enclave no que se desenvolve. Os sete escenarios do festival destacan pola súa singularidade; as Bodegas as Regina  Viarum, onde está situado o Escenario Xacobeo 21·22, o Miradoiro de  Santiorxo e as impresionantes vistas do Escenario Momentos Alhambra, o catamarán de Ponte do Sil, Escenario Deputación de Lugo, a Reitoral de Gundivós, a fusión entre tradición oleira e vinícola; a Adega Vía Romana, os interminables xardíns do Eurostars Pazo de Sober e o Centro histórico de Chantada.

Nesta quinta edición, 17º Ribeira Sacra aposta por impulsar a oferta gastronómica grazas ao patrocinio de Cervezas Alhambra. Showcookings e maridaxes culinarias deseñadas por chefs galegos de referencia, como Carlos J. González, Juan Crujeiras e Lucía  Freitas, será a responsable de deseñar a proposta gastronómica do festival que se poderá degustar nas zonas situadas en Regina Viarum e Eurostars Pazo de Sober.

“Misto Lucía Freitas” é a aposta da Chef con Estrela Michelin para achegar a súa visión a un festival que conta cunha gran traxectoria na promoción do equilibrio entre cociña tradicional e moderna co produto próximo e de calidade como fío condutor en cada unha das edicións.

17º Ribeira Sacra é moito máis que música, pero esta resulta fundamental. A proposta consolídase precisamente grazas a un cartel espectacular composto por artistas nacionais e internacionais: The Gift, Depedro, Silvana Estrada, The Excitements, Budiño & Novoa, Alberto & García, Bronquio, Ian Kay, Terrier, dani, Sofía Comas, Auto Sacramental, Ale e Rapariga dj. Ademais, esta quinta edición volve contar de novo cun invitado especial, Ángel Carmona

Entre as actividades que se poderán desenvolver durante as tres xornadas do festival, destacan a cata inmersiva musical, a cata a cegas por parellas, o roteiro ao miradoiro de Pena do Castelo ou por primeira vez este ano, o festival contará cuns encontros que se poderán seguir a través da canle de Twitch do festival.

O festival chegará ao seu fin o domingo pola tarde cun evento Especial de Clausura co concerto de Ale, maridaxe da man do restaurante Ceibe con produtos de Galicia Calidade e cata de viños Vía Romana, e unha sesión  DJ a cargo de Isaac Pedrouzo. Pero antes, durante a mañá, a xornada desenvolverase no Centro histórico de Chantada coa artista madrileña Sofía Comas e a viaxe polo universo que crearon Budiño & Novoa.

17º Ribeira Sacra conta ademais con servizo de autobús interno, que desprazará aos asistentes entre os diversos escenarios nos que se desenvolverá o evento. Todos os horarios de concertos, actividades e autobuses poden consultarse na web do festival.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X