• Tras as súas 2 exitosas edicións en 2018 y 2019, con abonos esgotados e público proveniente de 22 cidades de fóra de Galicia, o UNDERFEST SON ESTRELLA GALICIA volverá a acercar a Vigo propostas musicais de calidade para diferentes tipos de público.

  • Na súa corta traxectoria, o festival vigués programou por 1ª vez en Galicia artistas internacionais de referencia como Slowdive, Benjamin Clementine, Peaches, Villagers, Helado Negro, etc, que xunto a renomes nacionais de primeiro nivel e o enorme talento local, conformaron os 62 artistas que pasaron polo festival en tan só 2 edicións, enchendo os 21 recintos da cidade de Vigo que participaron na programación.

Como avance desta versión reducida de 2020, e para poñer en valor o noso compromiso en apoiar a cultura local, UNDERFEST SON ESTRELLA GALICIA presenta un proxecto traballado con moito agarimo xunto coa ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO, na que 50 músicos homenaxearán ao maestro ENNIO MORRICONE, cunha selección das súas composicións máis emblemáticas (Cinema Paradiso, El bueno, el Feo y el Malo, La mansión, Los Intocables, etc).

Debido ás circunstancias actuáis, a de este ano SERÁ UNHA EDICIÓN EN FORMATO REDUCIDO E CON AFORO LIMITADO, pero mantendo a esencia que dende o primeiro momento quixemos transmitir dende o festival e que seguro igualmente nos deixará grandes momentos.

Seleccionado dentro do conxunto de festivais estratéxicos que compoñen o Fest Galicia, Underfest SON Estrella Galicia é o único festival realizado en Vigo que forma parte deste grupo que aglutina aos principais festivais que se celebran na nosa comunidade. Grazas ao apoio da XUNTA DE GALICIA, XACOBEO, AGADIC, ESTRELLA GALICIA e a colaboración da Fundación SGAE, Underfest mantén a súa aposta por asentar en Vigo o festival que cremos que a cidade merece. Nun momento tan difícil como o actual, cun sector tan dañado coma o noso, agradecemos máis ca nunca o esforzo dos nosos patrocionadores en axudarnos a sacar adiante esta difícil edición.

Nos próximos días iremos adiantando máis cousas sobre o festival: novos artistas,
información sobre a venta de entradas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Share This