En relación ás informacións aparecidas onte en diversos medios de comunicación, Festivais de Galicia quere aclarar:
1.- Que Festivais de Galicia non emprega voluntarios en sustitución de traballadores. Festivais xera máis de 1.000 empregos directos e indirectos.
2.- Que Festivais de Galicia maniféstase totalmente en contra da práctica ilegal e desleal de “camuflar” traballadores como voluntarios.
3.- Que o convenio coa Dirección Xeral de Xuventude ten como obxectivo a participación nos festivais de mozos e mozas para axudar a difundir valores de sostenibilidade e integración no territorio, e facer tarefas de compatibilización do impacto dos festivais co territorio onde se realizan.
4.- Que os voluntarios e voluntarias en ningún caso serán remunerados e e non realizarán tarefa algunha que supoña prestación de traballo, en quendas de moi curta duración, nunca superiores a 3 horas.
5.- Que o acceso ao festival dos voluntarios e voluntarias non é para asistir ao festival, senón para integrarse na comunidade organizativa do festival, e coñecer de primeira man cómo se produce un festival e aprender desa experiencia.
6.- Que no amplos períodos onde non realizarán tarefa alguna, os voluntarios e voluntarias poden asistir ás actividades e concertos que queiran organizadas polo festival, na medida das posibilidades organizativas. Esta condición non pode ser considerada como “voluntariado a cambio de entradas gratis”, pois en ningún caso se asegura que os voluntarios e voluntarias poidan asistir a ningunha actividade ou concerto concreto.
7.- O plan de voluntariado da Asociación está rexistrado na Xunta e pode consultarse no documento adxunto.