Lucía Freitas, chef propietaria do restaurante gastronómico A Tafona con estrela Michelin e 2 Soles Repsol, e da barra gastronómica Lume, en Santiago de Compostela, será a responsable de deseñar a proposta gastronómica este ano

17º Ribeira Sacra Festival celebrará a súa quinta edición do 16 ao 18 de xullo de 2021

Proximamente, en función das novas medidas sanitarias e dos aforos, informarase dunha posible ampliación na venda de abonos

gastronomía é, por suposto, outra das grandes protagonistas do festival 17º Ribeira Sacra Festival. Grazas ao patrocinio de Cervezas Alhambra, o evento acollerá durante a súa quinta edición a fusión perfecta entre cociña, calidade e territorio, deseñada por Lucía Freitas, chef propietaria do restaurante gastronómico A Tafona cunha estrela Michelin e 2 Soles Repsol, e chef propietaria da barra gastronómica Lume en Santiago de Compostela, que fará gozar aos asistentes cunha proposta única creada especialmente para o festival.

A proposta, bautizada nesta ocasión como “Misto Lucía Freitas”, será trasladar o formato máis versátil e viaxeiro a unha contorna nova e fresca como a Ribeira Sacra, cun público entregado á calidade das materias da nosa terra, fóra do corpiño das etiquetas e o protocolo.

“Misto Lucía Freitas” é moito máis que madeira e fósforo. Cun misto acendes a fogueira que quenta o corpo, a candea que alumea o camiño pola noite, a brasa que cociña os pratos que alimentan o espírito.

UNHA PROPOSTA GASTRONÓMICA DE ALTO NIVEL

A chef Alhambra Lucía Freitas e o seu equipo apostan este ano por achegar a súa visión a un festival que conta cunha gran traxectoria na promoción do equilibrio entre cociña tradicional e moderna co produto próximo e de calidade como fío condutor en cada unha das  edicións.
O compromiso coa gastronomía do territorio foi unha constante en 17º Ribeira Sacra Festival: difundindo e dando visibilidade á cultura gastronómica de Galicia, esa que, baseada no mellor produto local, vaise reinventando aos poucos.

LUCÍA FREITAS

Chef propietaria do restaurante gastronómico A Tafona con Estrela Michelin e 2 Soles Repsol, e chef propietaria do bar gastronómico Lume en Santiago de Compostela, onde aposta por cociñar sen etiquetas nin ideas preconcibidas. O foco está no “slow  food”, é dicir, unha cociña pausada, que posicionou a Lucía como unha das mellores emprendedoras gastronómicas de España.

Facendo realidade o seu soño, Lucía crea unha cociña moderna que mostra unha forte técnica culinaria e unha elegante fusión de sabores e ingredientes. O seu restaurante tamén está cheo de contrastes cunha combinación de rechamantes muros de pedra, unha encantadora escaleira, unha claraboia e detalles de deseño.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X