O festival Revenidas xa ten datas para celebrar a súa próxima edición: do 17 ao 19 de agosto. Trátase dun festival único, vencellado ás tradicións, que combina á perfección espazos de balde para o lecer de familias e de todos os públicos, cunha programación musical que inclúe importantes bandas internacionais, estatais e galegas e que, neste 2018, celebra os 15 anos do seu nacemento. 

O modelo de combinar actividades de balde para público familar con concertos de pago seguirá sendo a base desta festa galega, que continúará na súa liña de explorar novos espazos con actividades vencelladas á vila e ao entorno no que se celebra. Na pasada edición, as 50 horas de música e actividades programadas pola organización nesta vila de 2.000 habitantes viuse reflictida nun impacto económico duns 1.400.000 euros, ademais dos 700 postos de traballo que xerou o festival (200 directos e 500 indirectos), que amosan o esforzo que hai detrás dos escenarios, espazos e actividades do festival.

Nas próximas semanas, o Revenidas fará públicos os nomes das primeiras bandas que conformarán o seu cartel para 2018 e que celebrarán os 15 anos do Festival das Linguas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies

Pin It on Pinterest

Share This