Nesta edición o festival combinará de novo concertos de pago con actividades e concertos de balde en distintos lugares da vila, circo, gastronomía e música a bordo do Chasula, unha embarcación tradicional.

A organización do Revenidas anuncia hoxe que o festival se celebrará nos próximos 9, 10, 11 e 12 de setembro. O festival vilaxoanés volverá combinar de novo actividades para todos os públicos con concertos -que anunciará a próxima semana-, música a bordo de embarcacións tradicionais e distintas actividades gastronómicas e interdisciplinarias ligadas ao territorio e á cultura mariñeira da zona e das Rías Baixas. 

As persoas que, ao ter o seu abono mercado para a pasada edición e que quixeran gardalo para asistir nesta ao festival terán preferencia para canxealo automaticamente como premio á súa fidelidade. No caso de querer solicitar a devolución do seu importe, tamén será posible. A plataforma de venda contactará con todas as persoas compradoras para facilitarlles máis información e que poidan escoller a opción que mellor lles conveña.

Esta edición do festival pode levarse a cabo grazas a público, artistas e persoal traballador, pero tamén grazas ao apoio de varias institucións (Concello de Vilagarcía, a Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas a través da súa marca Rías Baixas Fest, a Xunta de Galicia, Xacobeo 21 e Agadic a través da súa marca Fest Galicia) e patrocinadores privados como Mahou ou Deleite. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X