Os festivais asociados a Festivais de Galicia acumulan, entre todos, 30 nominacións nas distintas categorías.
Os Premios Fest, os únicos premios en España aos festivais profesionais, veñen de publicar as listas de nominados nas distintas categorías, nas que os asociados a Festivais de Galicia logran acadar a treintena de nominacións.
Ao premio “gordo”, ao mellor festival, optan 7 dos nosos festivais: Atlantic Fest, Revenidas e SonRías Baixas no apartado de mellor festival de formato medio; e 17º Ribeira Sacra Festival, Sinsal Son Estrella Galicia, Vive Nigrán e WOS Son Estrella Galicia, na categoría de mellor festival de formato pequeno. O festival WOS, ademáis, está nominado na categoría de mellor festival revelación.
Nas categorías que premian aspectos concretos dos distintos festivais, os nosos asociados destacan nos apartados de “Maior Aportación Turística á Rexión”, con 5 festivais nominados neste apartado, e na de “Mellores Actividades Paralelas”, con outras cinco nominacións, co que se confirman dous aspectos clave dos festivais profesionais galegos: a creatividade e singularidade das nosas propostas e a acreditada capacidade de posicionar fóra de Galicia os territorios onde se celebran.
Mención aparte merece a marca Fest Galicia, impulsada pola Axencia Galega das Industrias Culturais -AGADIC- e da que forman parte os 8 festivais da asociación, que recibe 2 nominacións: “Mellor Activación de Marca” e “Mellor Campaña de Comunicación”.
Para ter toda a información e votar ao teu festival favorito en cada categoría, visita la páxina de Premios Fest.