Festivais de Galicia publica o seu documento de avaliación previa e distribuirá entre os seus asociados unha adaptación dos protocolos para mellorar e completar aspectos non contemplados no protocolo.

Os protocolos aprobados por Redescena para festivais de titularidade pública poden ser aplicados polos festivais de titularidade privada, aos efectos das medidas que cada organizador ten que implementar no seu festival.

Xa que os protocolos aprobados conta con respaldo do Goberno de España, Festivais de Galicia os considera válidos a todos os efectos, conforme á lexislación vixente.

Aproveitando esa publicación, Festivais de Galicia publica un documento de avaliación previa que pode ser empregado por todos os festivais, asociados ou non a Festivais de Galicia ao que podes acceder no enlace que atoparás ao remate do artigo .

Ademáis, Festivais de Galicia distribuirá entre os seus asociados varios documentos que adaptarán e mellorarán o establecido nos protocolos de Redescena para a prevención de contaxios entre o público, así como varias guías de actuación ante contaxios e responsabilidades.

Podes consultar os protocolos publicados por Redescena premendo na imaxe de abaixo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X