O Festival confirma a actuación de máis dunha decena de artistas aos que se irán incorporando novos nomes nas próximas datas.

Os Resentidos, Josele Santiago, Sex Museum, Christina Rosenvinge, Sr. Chinarro, Marilia, Nunatak, Chris Barron, Mitic, el espectáculo, Los Vinagres, Mordem, Rodrigo Mercado, Músculo!, Pelepau, MJ Pérez, Tempo Norte y Santiguiños de Boimorto son as novas confirmacións do Festival de la Luz, que celebrase os próximos 7, 8 e 9 de setembro en Boimorto (A Coruña).

Estas recentes incorporacións súmanse aos artistas anunciados anteriormente, entre os que se encontran: Love of Lesbian, Eskorzo, Mi Capitán, Javi Maneiro, Furious Monkey House, Agoraphobia e Vargas Blues Band…. Este amplo abanico de estilos musicais se completará nos próximos meses con novas bandas, segundo sinalou a Organización.

O Festival de la Luz, que organízase na finca natal da cantante Luz Casal, tamén acolle unha variada oferta gastronómica, artesanía, cine e teatro… Nesta sétima edición, un ano máis, o público infantil poderá gozar de divertidos espectáculos e actuacións na Zona Infantil do evento. Unha completa programación e moitas sorpresas máis que iranse desvelando moi pronto.

ENTRADA SOLIDARIA

Este ano a recadación da taquilla destinarase a loita contra os lumes en Galicia e a construción e equipación das salas de rehabilitación na Residencia e Centro de día para persoas maiores do Concello de Boimorto.

As entradas xa están a venda nos puntos físicos habituais e en www.instanticket.es

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X