O Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa, pertencente a Afundación, e Festivais de Galicia lanzan un programa específicamente deseñado para formar cadros directivos de festivais de música.

Tras meses de intenso traballo entre IESIDE e Festivais, o programa reúne un sobresaínte cadro de profesores, e un temario axustado á realidade da produción de festivais, incorporando aspectos esenciais para a formación integral en dirección de empresas de espectáculos. Relevantes expertos do sector musical e profesorado propio de IESIDE teñen como obxectivo que os/as alunos/alunas obteñan os coñecementos precisos para organizar festivais de música atendendo a todos os aspectos esenciais do negocio, tanto específicos como transversais:

  • Habilidades directivas; conceptualizacióne estratexia no deseño dun festvial; márketing; produción executiva; soporte legal; xestión económico-financeira; sostenibilidade

O programa complétase con mesas redondas e xornadas sobre temas específicos e cun proxecto final consistente na conceptualización e posta en marcha dun festival.

O alunado terá a posibilidade, en función dos seus méritos e da oferta dos festivais, de traballar nun dos festivais da Asociación en 2019, co obxectivo de por en práctica os coñecementos aprendidos durante o programa formativo.

IESIDE ten previsto abrir o prazo de matrícula o vindeiro mes de outubro, pero xa é posible realizar a preinscrición que da dereito a reserva de praza.

Máis información:

Enlace á preinscrición

Enlace ao programa completo, con calendario e prezos de matrícula, en pdf

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X