17º Ribeira Sacra continúa incrementando a súa oferta musical: The Gift, Silvana Estrada, Alberto & García, Terrier, Sofía Comas, Rapariga dj e Ángel Carmona pechan o cartel da quinta edición.

Os escoceses Teenage Fanclub aprazan a xira nacional, confirmando a súa presenza na Ribeira Sacra en xullo de 2022. Establecerase un proceso de devolución de abonos para quen así o desexe debido á anulación do concerto.

En función das novas medidas sanitarias, é posible que se amplíe o aforo e se poñan á venda novos abonos. Máis información en:  https://festivalribeirasacra.com/

The Gift, Silvana Estrada, Alberto & García, Terrier, Sofía Comas, Rapariga dj e Ángel Carmona súmanse ao cartel da quinta edición do 17º Ribeira Sacra Festival, que se celebrará os próximos 16, 17 e 18 de xullo.

O aprazamento da xira dos escoceses Teenage Fanclub imposibilita a súa presenza no festival este ano, confirmando a súa actuación en la sexta edición do festival en xullo de 2022. Aquelas persoas asistentes o 17º Ribeira Sacra que desexen devolver o abono poderán facelo a partir das 12.00 horas de hoxe venres 18 de xuño ata o martes 22 de xuño, inclusive, escribindo a devoluciones@ataquilla.com.

Considerada unha das bandas de referencia a nivel internacional, The Gift esconden no seu “Tour Verão” a historia dos seus 25 anos de traxectoria, os seus momentos máis explosivos, mentres presentan as cancións do seu último traballo, “Verão”. Un álbum redondo resultado da colaboración dos portugueses co produtor Brian Eno, quen fixo desas catorce cancións unha parada obrigatoria este verán. Pola súa banda, Silvana Estrada, á que os medios tachan como “A Chavela Milenial”, chegará a 17º Ribeira Sacra a ritmo de jazz mesturado co folclore que bebeu na súa terra, Veracruz, e presentará as cancións do seu primeiro álbum, “Marchita”, que verá a luz a finais deste mes. Alberto & García continúan celebrando a publicación do seu novo single, “Río Bravo”, un tema que explora a vea rockeira da banda, apostando mesmo por introducir pinceladas surf e sons fronteirizos pero con ese toque latino tan habitual na banda norteña. As ganas de seguir coreando pola Ribeira Sacra poñeranas a troupe de Terrier, sons pop frescos que botan man de momentos de  garage  latente onde a vea pop é a que acaba marcando as diferenzas. Pero na maxia que esconde o festival tamén hai momentos para penetrarse no universo de artistas con cancións de fraxilidade vigorosa, como é o caso de Sofía Comas, que aborda no seu último traballo, “El verano será eterno” o duelo tras a morte dun ser querido a través da música e a poesía.

17º Ribeira Sacra, que se consolida como parte de Momentos Alhambra ao contar por 4º ano consecutivo co patrocinio da cervexeira, é moito máis que música. Sucede nun enclave espectacular que serve de marco perfecto para unha experiencia inolvidable. Un festival con carácter propio, onde a gastronomía, o viño e as actividades para interactuar coa Ribeira Sacra son o segredo dunha proposta inigualable que volve contar de novo cun convidado especial, Ángel Carmona.

Proximamente, novas actividades, showcookings, catas, roteiros, concertos a bordo do catamarán… E os horarios do transporte do festival.

FESTIVALES PARA UN TERRITORIO

O carácter diferenciador e de calidade de 17º Ribeira Sacra Festival, así como o éxito cultivado nas súas primeiras cinco edicións, deron a posibilidade de desenvolver a experiencia en novos territorios. Desta maneira presentouse hai un par de semanas Esférica Rioja Alavesa, un evento cultural transversal que expón o valor de Rioja Alavesa congregando música, enoloxía, gastronomía, arte e patrimonio nunha fin de semana. Celebrarase o 19, 20 21 e 22 de agosto en varios municipios de Rioja Alavesa. Os abonos están á venda a través da súa web.

Esta nova experiencia nace baixo o paraugas de Festivales para un territorio e baixo a mesma dirección que 17º Ribeira Sacra Festival, co que establecerá un diálogo constante entre ambos eventos para nutrirse na procura de implementar un novo modelo de festival no noso país.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X