Luz Casal convídache á súa casa natal en Boimorto (A Coruña) para gozar dun festival único e solidario para todas as idades. Ven e goza da música, a gastronomía, as demostracións, o teatro, a granxa e as experiencias que atoparás nun recinto onde reinan a natureza, a reciclaxe, a sustentabilidade e a innovación.

O cartel do festival convérteo nun dos máis atractivos do ano dándose cita artistas de primeiro nivel, nacionais e internacionais e de diferentes estilos. As infraestruturas transforman 50.000 m2 de paisaxe rural de campos de millo e pastos, nun super festival que durante tres días acolle a máis de 25.000 persoas:

  • 4 escenarios
  • Zona infantil con actuacións, talleres, xogos…
  • Carpa de cinema
  • Zona de mercado con máis de 40 propostas innovadoras
  • Zona de restauración
  • Cámping libre separado para familias e novas
  • Carreira popular
  • Permitido acceso menores (con autorización)

SÉTIMA EDICIÓN DUN EVENTO ÚNICO

A iniciativa musical e cultural que a artista Luz Casal desenvolve na súa localidade natal de Boimorto (A Coruña), celebrará o próximo 7, 8 e 9 de setembro a súa sétima edición.

Entre os primeiros confirmados do cartel, ás que se sumarán moitos máis, atópanse artistas como: Love of Lesbian, Eskorzo, Elliott Murphy, O meu Capitán, Vargas Blues Band, Javi Maneiro, Furious Monkey House, Agoraphobia, Riff Raff, Os Motores, Banda de Música de Arzúa, Joan Curiel e as Pandereteiras de Verducido.

Neste caso a directiva do festival anunciou que debido ao aumento na cifra total dos fondos recadados no evento, a achega solidaria do Festival da Luz 2018 destinarase a dous proxectos: a loita contra os incendios en Galicia e a construción e equipamento de salas de rehabilitación na residencia e centro de día para persoas maiores do Concello de Boimorto.

Ademais de música en directo, un ano máis, o público poderá gozar da terceira edición de Cultivando Deporte, unha carreira popular na que cada ano 300 asistentes percorren diferentes paraxes da vila ata terminar no recinto do evento, da Carpa de Cinema e Teatro, cunha ampla programación de espectáculos e cintas musicais.

A gran Zona infantil albergará un escenario propio con actuacións musicais e espectáculos infantís ao longo de todo o día, neste espazo os asistentes tamén poderán participar en talleres, xogos tradicionais…

A gastronomía e artesanía volverán ser unha dos principais recursos do Mercado da Luz, un espazo con produtos autóctonos e oficios típicos da zona.

Ademais como cada ano o festival contará con numerosos concursos e iniciativas dos que informará a través das súas canles oficiais.

As entradas para a nova edición están á venda en Instant Ticket e en puntos físicos habituais.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X