Un dos obxectivos fundamentais de Festivais de Galicia é a sustentabilidade, na que os festivais están a traballar para implementar melloras que permitan que os nosos eventos sexan respectuosos coa súa contorna. Hoxe, presentámosvos o sistema que están a implantar Sinsal Son Estrela Galicia, un festival que se realiza nunha contorna especialmente delicada e protexida, tanto a nivel patrimonial (é un BIC), como ambiental (por situarse nun espazo da Rede Natura 2000): a illa de San Simón.

Para mellorar a sustentabilidade dos seus eventos, en Sinsalaudio atópanse actualmente inmersos na implementación dun Sistema de Xestión da Sustentabilidade, dentro do cal desenvolveron a súa política de sustentabilidade.

O compromiso de Sinsal por celebrar eventos sustentables implica a conciliación de tres aspectos da súa actividade: social-ambiental-económico.

Como punto de partida para a xestión sustentable do Festival, Sinsalaudio levou a cabo un diagnóstico de sustentabilidade do evento que lle permitiu identificar -entre outros aspectos- cales das súas actividades e servizos teñen ou poden ter impactos sociais, ambientais e económicos, tanto a nivel interno como externo, así como as áreas máis relevantes nas que se xeran devanditos impactos e en que fase do festival.

Mostra diso é a seguinte figura, que serve como punto de partida para a análise dos impactos ambientais: cales son?; onde e cando se producen?; cal é a súa relevancia?.

Como resultado da análise de todos os aspectos da sutentabilidade vencellados ao festival, Sinsalaudio está a deseñar unha serie de accións en cada un dos tres ámbitos das que vos iremos informando próximamente.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X