Aínda que esta nova realidade obrigounos a renunciar a WOS FESTIVAL, desde Work On Sunday queremos aproveitar esta inusual ocasión para mirar ao noso ao redor con ollo crítico. Por iso, queremos presentarvos WOS Talks x Fest Galicia: Futuro_Presente, un evento orientado a redefinir, reimaxinar e reinventar esta nova realidade forzosa. FUTURO_PRESENTE nace como un programa de charlas ao redor do coñecemento do futuro en tempo presente, abordando cuestións transversais que alcanzan máis aló da música ou as artes: a xestión social, a política ou a nosa implícita relación cos datos e contornas dixitais. O programa consta de tres charlas: Redefinir os nosos modelos, Redefinir as nosas comunidades e Redefinir noso eu dixital.

Co ánimo de chegar a todos os nosos fans fose de Galicia, o evento terá un formato híbrido, combinando o streaming cun aforo presencial reducido en a Cidade da Cultura. O sábado 19 de setembro terá lugar a xornada, na que tamén haberá música en directo.

TALKS | 19.09.2020 | AUDITORIO CINC – CIDADE DA CULTURA

FUTURO_PRESENTE INTRO: MAT DRYHURST

SÁBADO 19 | 16:00 | AUDITORIO CINC

Como pistoletazo de saída contaremos coa intervención do profesor, académico e músico Mat Dryhurst, ao que os nosos moderadores entrevistarán. O estadounidense, que participou na pasada edición do festival acompañando a Holly Herndon, codirixe o podcast Interdependence, onde se debate unha ampla variedade de temas vinculados ás artes, a tecnoloxía dixital ou a socioloxía. A súa achega servirá de introdución ás tres charlas do programa.

Participan: María Baqueiro, Cora Novoa, Sarah Rasines, Arnau Sabaté
Moderan: Frankie Pizá e Marta Gómez

FUTURO_PRESENTE: REDEFINIR OS NOSOS MODELOS

SÁBADO 19 | 16:30 | AUDITORIO CINC
A situación actual deixou ao descuberto cuestións que levan décadas afectando ás artes e á cultura: a dependencia no mundo do capitalismo de plataformas, a escravitude dos contidos, a propiedade intelectual e os marcadores de audiencia. Nesta charla exploraremos os futuros presentes en canto á organización e xestión dos activos culturais e artísticos.

Participan: Silvia Bianchi, Alex Nikolov, ¥€$Si Perse, Paula Pin
Moderan: Frankie Pizá e Marta Gómez

FUTURO_PRESENTE: REDEFINIR AS NOSAS COMUNIDADES

SÁBADO 19 | 17:45 | AUDITORIO CINC
Nestes momentos, a “nostalxia club” gaña importancia: o que antes do COVID-19 era un recurso para distorsionar a realidade, agora converteuse na realidade mesma. Como imos organizarnos no futuro? Como viviremos a experiencia club a partir desas comunidades? Como se xestarán as novas escenas musicais? Nesta charla queremos analizar o futuro presente dos colectivos a nivel global, físico e virtual.

Participan: Christian García Bello, Miguel Prado, Ana Quiroga, Bego M. Santiago e Los Voluble
Moderan: Frankie Pizá e Marta Gómez

FUTURO_PRESENTE: REDEFINIR O NOSO EU DIXITAL

SÁBADO 19 | 19:00 | AUDITORIO CINC
Nós tamén nos estamos redeseñando sen apenas darnos conta. A situación de distanciamento social e confinamento, así como as dificultades socio-económicas, provocaron que esteamos ante unha nova iluminación do ‘eu dixital’. Un novo humano dixital está a nacer, moito antes do prometido transhumanismo e aínda cos pés na Terra. Nesta charla centrarémonos en explorar novos modelos de pensamento a partir da xestión dos datos e a imaxe dixital.

MÚSICA | 19.09.2020 | XARDIN DO TEATRO – CIDADE DA CULTURA

YUGEN KALA – dj set

SÁBADO 19 | 20:30 | XARDÍN DO TEATRO
Os novísimos irmáns galegos aterran en WOS tras estrearse en longo con ” Nothing Is Original”, un disco no que conflúen a electrónica máis cerebral cos sons máis vangardistas da pista de baile, con chiscadelas á escena bass londiniense ou os escintileos de etiquetas como Livity Sound ou Fractal Fantasy. Os seus últimos mixes para Blank ou Gästemaus tampouco defraudaron, pero nada teñen que ver co que escoitaremos na Cidade da Cultura. Para esta ocasión, os irmáns prepararán un dj set enfocado no ambient.

SUSO SAIZ – live

SÁBADO 19 | 22:00 | XARDÍN DO TEATRO
Músico de vangarda, compositor e produtor; considerado referente da música electrónica é un guitarrista imaxinativo e sutil. A súa incansable actividade cobre un amplo espectro da música e doutras disciplinas, onde a interrelación coas artes plásticas e a poesía ocupan un lugar destacado.

Publicou máis de 20 discos; os máis recentes no prestixioso selo holandés Music From Memory. Ademais, participou na produción doutros 100 traballos, unha traxectoria que lle valeu o recoñecemento tanto nacional como internacional.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X