O festival compostelano, que celebrou a súa quinta edición o pasado setembro, é de novo o único galego entre todas as categorías do certamen europeo
A cita acumula, ademáis, tamén por segundo ano consecutivo, outras cinco candidaturas nos Iberian Festival Awards, galardóns dirixidos a premiar a excelencia entre os festivais de toda España e Portugal
O xurado especializado que forma parte do panel de expertos da décima edición dos European Festival Awards elixiu por segundo ano consecutivo ao WOS Festival x SON Estrela Galicia como un dos finalistas a mellor festival indoor de 2018. O evento compite con outros nove finalistas, sete deles alemáns, un austríaco e un checo. O galego repite por segundo ano condición de finalista nesa categoría do certame, gañada o ano pasado polo esloveno MENT Ljubljana, e en 2016 polo alemán Reeperbahn. Desde o seu inicio en tan só en tres ocasiones un festival español acadou un galardón na gala neerlandesa: Primavera Sound en 2014, e de novo Primavera Sound e Mad Cool en 2017. Este ano, de novo, os únicos españois que se suman a WOS entre os finalistas son Primavera Sound e Mad Cool. Os gañadores serán anunciados nunha gala que terá lugar o 16 de xaneiro en Groninga, nos Países Baixos.
Paralelamente, a cita anual da promotora compostelá WORK ON SUNDAY volve repetir de novo outros cinco nomeamentos nos Iberian Festival Awards, que premian a excelencia entre todos os festivais de España e Portugal. As categorías nas que compite son mellor festival de pequeno formato, mellor promoción turística, mellor programa musical, mellor festival indoor, e mellor actuación polo directo de The Bug feat. Miss Red. Os gañadores da competición ibérica serán anunciados o 13 de marzo nunha gala oficial en Vigo.
A organización da cita compostelá ha subliñado desde os seus inicios a súa vontade de ofrecer unha alternativa cultural e artística na que descubrir e gozar de experiencias únicas en contextos moi especiais e audiencias limitadas. A súa proposta defínese pola súa vontade de presentar no marco excepcional que ofrece Santiago de Compostela formas artísticas ao redor da música electrónica e a exploración avaladas polo rotundo recoñecemento de público e prensa fóra das nosas fronteiras. Unha das súas características son precisamente as súas doce sedes, distribuídas polo centro urbano e histórico da capital galega, que incluíron nos seus cinco anos de traxectoria o museo Centro Galego de Arte Contemporánea – CGAC, a Cidade da Cultura, o Teatro Principal, a terraza da Fundación Eugenio Granell, a Igrexa da Universidade, o Mercado de Abastos, a sede da Fundación SGAE, as salas Capitol e Malatesta ou a sala de cinema independente NUMAX.
O seu programa reuniu a artistas destacados pola critíca especializada de procedencias tan dispares como Exipto, Sri Lanka, Xapón, Israel, Hungría, Austria, Serbia, Alemaña, Finlandia, Brasil, Estados Unidos, Australia, Canada ou Níxer. O programa, estruturado ao redor da música, incluíu ao longo das súas cinco edicións mesas de debate, estreas de cinema, noites de club, performance e escénicas, ou actividades gastronómicas. No musical, o seu cartel contou con figuras de culto, artistas revelación, e artistas habituais nos máis reputados escenarios de todo o mundo, con nomes como The Soft Moon, Thee Oh Sees, Silver Apples, Beak>, Michael Rother plays Neu!, Spectrum, Laurel Halo, Roly Porter & MFO, Raime, Vessel, Fluzo, Skee Mask, Robert Henke, Group A, Paul Jebanasam & Tarik Barri, Demdike Stare, Neno de Elche, Gábor Lázár, Greg Fox, Ron Morelli, Samuel Kerridge, Abul Mogard, Suso Saiz, JASSS, Oddisee, K-X- P ou Lucrecia Dalt entre outros. Pola súa banda, o cartel de cinema participou en estreas a escala mundial como o documental de Nick Cave “One More Time With Feeling”, ou as estreas en España das celebradas “Milford Graves Full Mantis” ou “Tony Conrad: Completely In The Present”. Patrocinadores como Jägermeister e Red Bull participan no proxecto complementando o programa musical con propostas inusuais e transgresoras, destinadas a un público inquieto que busca alimento artístico máis aló das canles masivas.
A cita anual da produtora compostelá WORK ON SUNDAY anunciará proximamente as súas datas de 2019, un ano máis con SON Estrella Galicia vinculando o seu nome ao do festival como patrocinador principal.
Relación completa de candidaturas e nomeamentos da edición de 2018 de WOS Festival x SON Estrella Galicia:
EUROPEAN FESTIVAL AWARDS
Best Small Format Festival
Best Indoor Festival – FINALISTA
IBERIAN FESTIVAL AWARDS
Best Small Festival
Best Indoor Festival
Best Touristic Promotion
Best Line-Up
Best Live Performance – The Bug Ft. Miss Red