Que é Festivais de Galicia?

A Asociación Empresarial Festivais de Galicia é a primeira, e de momento única, asociación de empresas produtoras de Festivais Profesionais que se realizan no territorio de Galicia.

Para que nace Festivais de Galicia?

Festivais de Galicia nace por vós, para o noso público.

Festivais nace para fortalecer o sector da producción de festivais de música no territorio galego porque, deste xeito, seremos capaces de ofrecervos festivais cada vez mellores, onde poidades desfrutar de vivencias inesquecíbeis.

Estamos convencidos de que á nosa organización pertencen a maioría dos festivais máis importantes de Galicia: os que contan con máis público, os que gañan máis premios, os máis coñecidos e os máis sostibles en armonía co territorio onde se desenvolven.

A nosa preocupación é promover festivais únicos, diferenciados, con valores singulares e adaptados á realidade do noso entorno social e xeográfico.

Por iso, preocúpanos ter os festivais mellor producidos, os máis seguros e os máis sostibles e respetuosos co medio ambiente.

Contamos cos profesionais que figuran entre os máis cualificados de Galicia e España para proporcionar aos nosos públicos experiencias únicas, cheas de música, actividades e vivencias que só é posible vivir en Galicia, onde o que importan son as persoas porque o maior premio e que queirades volver ano tras ano.

Quen pode afiliarse?

Serán aceptados na asociación todos os festivais que cumpran os seguintes requisitos:

 

  • Que sexa organizado por unha empresa ou empresario con CNAE que se corresponda coa actividade de produción de espectáculos.
  • Que teña celebrado a 5ª edición ou posterior.
  • Que no festival se programe a un mínimo de tres artistas por día durante un mínimo de dous días consecutivos.
  • Que o acceso do público se realice mediante entradas de pagamento conforme prezos de mercado.
  • Que a totalidade das entradas -salvo unha mínima porcentaxe que non excederá o 5%- sexa posta a disposición do público por canles comerciais.
  • Que o financiamento público -por medio de subvención, contrato, ou calquera outro instrumento- non supere o 25% do total do orzamento de gasto do festival.

Non será admitido como socio a empresa ou empresario que produza festivais incumprindo as obrigas legais derivadas da normativa vixente en materia de espectáculos.

Obxectivos da asociación
  1. Representar a todos os seus asociados e promover os seus intereses económicos profesionais, tanto individuais como colectivos.
  2. A negociación colectiva laboral, o diálogo social, representación dos seus asociados en conflitos colectivos e a participación institucional en organismos das administracións pública e, en xeral, todos aqueles que por disposición legal lle correspondan en representación dos intereses empresariais sectoriais.
  3. Crear un panel para intercambiar ideas e experiencias en beneficio do exercicio da profesión de promoción, produción e distribución de festivais musicais.
  4. Conseguir e manter unha solidariedade entre organizadores profesionais de festivais  musicais respecto dos seus valores profesionais.
  5. Manter o contacto necesario con outras organizacións afíns de calquera ámbito territorial co fin de prestarse mutua colaboración e tamén intercambiar experiencias en materia profesional que redunden no beneficio da asociación e dos seus asociados.
  6. Mediar e chegar a acordos con diferentes organizacións, Institucións e Administracións Públicas, empresas ou cualesquiera persoas físicas ou xurídicas de calquera lugar do mundo con respecto a asuntos que interesen e/ou afecten aos membros da Asociación no desenvolvemento das súas actividades.
  7. Establecer un código de boas prácticas que redunde na leal competencia entre os asociados.
  8. Establecer as estratexias que permitan unha maior difusión e impacto internacional dos festivais amparados pola asociación.
  9. Fomentar e fortalecer o posicionamento turístico de Galicia a través dos festivais de música, desenvolvendo unha oferta turística de calidade e sostible asociada aos festivais e ao territorio que os acolle.

Podes contactar con nós a través de:

  • Enderezo de correo electrónico: info@festivaisdegalicia.gal
  • Teléfono: [+34] 986 903 509
  • Enderezo postal: Rúa do Santán, 3, Baixo B, 36930, Bueu (Pontevedra)

Ou ben enviarnos o formulario cuberto

9 + 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X