Revenidas

Data:  9, 10, 11, e 12 de setembro de 2021

Lugar: Vilaxoán – Vilagarcía de Arousa [Pontevedra]

Web: www.revenidas.com

Celébrase na vila mariñeira de Vilaxoán de Arousa, no concello de Vilagarcía (Pontevedra). Todas as actividades programadas realízanse no porto.

+INFO

Promotor: Revenidas S.L.

Director: Xoán Quintáns

Contacto: info@revenidas.com

O Festival das Linguas, o Revenidas de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, é na actualidade unha referencia no noso país pola súa aposta pola música feita en galego, que combinan coa presenza de grandes bandas destacadas internacionalmente. Dende o 2003, ano da súa primeira edición, non deixou de medrar en canto a actividades e asistencia. Sen embargo algo non mudou dende as orixes do Revenidas: o compromiso do festival co país, coa nosa cultura e coas persoas que fan que exista.

Unha experiencia popular galega ao redor dunha grande comida familiar, a Gran Sardiñada Popular que deu orixe ao festival, actividades gratuítas para todos os públicos e concertos nun recinto pechado con dous escenarios no Porto de Vilaxoán en Vilagarcía de Arousa durante o mes de agosto de cada verán. Pero tamén Gran Gala de Circo solidaria, showcooking, actividades de día, Feira Revenida, concertos a bordo do Chasula, zona DUB… e moitas actividades máis! 

A edición deste ano conta coas actuacións de grupos maioritariamente galegos, como Tanxugueiras, Verto, Los Rastreadores, Guadi Galego, Boyanka Kostova e Monoulious DOP, entre outros. Ao cartel súmanse tamén artistas de fóra como Ciudad Jara, Zoo e Los Chikos del Maíz.

 

Novas sobre o festival

Festivais de Galicia non proporciona entradas a cambio de traballo.

En relación ás informacións aparecidas onte en diversos medios de comunicación, Festivais de Galicia quere aclarar: 1.- Que Festivais de Galicia non emprega voluntarios en sustitución de traballadores. Festivais xera máis de 1.000 empregos directos e indirectos. 2.-...

Os Festivais de Galicia reciben 30 nominacións aos Premios Fest

Os Festivais de Galicia reciben 30 nominacións aos Premios Fest

Os festivais asociados a Festivais de Galicia acumulan, entre todos, 30 nominacións nas distintas categorías. Os Premios Fest, os únicos premios en España aos festivais profesionais, veñen de publicar as listas de nominados nas distintas categorías, nas que os...

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X