• Dous concertos “desenchufados pero amplificados” no Recinto da Estacada e sorpresas musicais en lugares sinalados da vila compoñen a programación alternativa á 18ª edición do Festival SonRías Baixas, que se ía celebrar a primeira fin de semana de agosto en Bueu

  • As persoas que conservaron a súa entrada para o SonRías Baixas 2021 poden mercar dende hoxe o seu pase para o MicroSonRías. O resto do público poderá facelo a partir de mañá xoves ás 12h, na web sonriasbaixas.info, por 10€ a entrada para un día e 15€ o abono para os dous

O venres 31 de xullo o rock de acento flamenco do carismático cantante, guitarrista e compositor de El Puchero del Hortelano, Arco, volverá ao Recinto da Estacada de Bueu, onde estaba previsto celebrar a 18ª edición do Festival SonRías Baixas. O día seguinte, sábado 1 de agosto, será o artista urbano total Rayden o encargado de encher co seu inxenio, tenrura e verbo afiado o oco que deixou no calendario de festivais do Estado o adiamento do SonRías aos días 5, 6 e 7 de agosto de 2021, debido á indefinición das medidas que deben aplicar os grandes eventos musicais na “nova normalidade”.  Estes dous concertos “desenchufados pero amplificados” nun recinto do festival adaptado aos novos tempos e varias sorpresas en espazos singulares da localidade compoñen o MicroSonRías, unha proposta de pequeno formato coa que a organización do SonRías quere recuperar o contacto co seu público, ao tempo que contribúe a limitar o impacto da crise na localidade.

O SonRías Baixas congregou o pasado mes de agosto en Bueu a 22.065 persoas, xerando na comarca un impacto superior ao millón de euros. “Aínda que este verán non poderemos achegar esa riqueza económica e cultural á nosa terra”, lamentan dende a organización, “si que podemos ofrecer a nosa creatividade na forma dunha proposta “micro”, pero moi coidada, adaptada ás circunstancias, que nos permite compartir con parte do noso público o noso amor pola música, sen poñer en risco a súa saúde, nin a dos artistas, nin a do resto das persoas que colaboran co festival, nin a das veciñas e veciños da vila”. “Isto é o máis importante para nós”, conclúen.

As persoas que decidiron conservar as súas entradas para o 18º Festival SonRías Baixas, que se celebrará no verán de 2021, axudando a organización a sobreporse nun momento de gran dificultade, poderán mercar antes que ninguén as 800 entradas do MicroSonRías. O resto do público poderá facelo a partir de mañá xoves ás 12h, na web sonriasbaixas.info, por 10€ a entrada para un día e 15€ o abono para os dous. O evento conta co patrocinio do Concello de Bueu, de Turismo Rías Baixas e Deputación de Pontevedra e de Agadic, Fest Galicia, e Xacobeo 2021, da Xunta de Galicia.

O MicroSonRías redefine, ademais, o concepto de Destino SonRías, conxugando unha programación musical de calidade cunha coidada proposta de ocio activo, gastronómico y natural, profundamente integrada no territorio. Así, algúns artistas visitarán algúns dos espazos máis singulares da comarca, onde ofrecerán pequenas actuacións e probarán algunhas xoias da gastronomía das Rías Baixas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
X